9 may 2013

Dende o Grupo Local de ANOVA – I.N. en Cambados consideramos que non exusto o reparto das subvencións municipais a ENTIDADES SEN FIN DE LUCROpara o ano 2013.



Dende Anova Cambados mostramos publicamente o noso desacordo co reparto que se fai cos orzamentos do Concello de Cambados, froito da recadación dos impostos e taxas municipais que sufrimos tódolos cidadáns, e que lonxe de estar destinados a afrontar os problemas actuais dos veciños do concello, destínanse a subvencionar unha serie de gastos de entidades municipais sen animo de lucro, consideramos que dun xeito irreal , desconocedor da realidade social cambadesa.

Pódese comprobar no BOP publicado o Xoves 9 de maio de 2013, que o Concello de Cambados publica a convocatoria das axudas a entidades sen ánimo de lucro, con cargo ó orzamento municipal, que non está dirixido a solucionar problemas reais, amosando eso sí, un xeito rotineiro de xestionar o mesmo, que indica un pasar da realidade sen pararse a ver o´darredor, é evidente que as cantidades non se priorizan e ademais de non meditadas indican o desconocimento do governo do PP da realidade é palmaria, indicanno as cifras publicitadas no BOP:

• 323.481.00 transferencias a Becas de Estudios: ..........................................................7.000,00 €
• 232.489.00 transferencias a entidades benéfico-asistenciais: ....................................30.000,00 €
• 324.489.00 transferencias para actividades complementarias de educación: ……….. 5.100,00 €
• 334.489.00 transferencias a entidades culturais:......................................................... 5.700,00 €
• 337.489.00 transferencias ocio e tempo libre:...............................................................6.200,00 €
• 338.489.00 transferencias para festas populares: ........................................................3.000,00 €
• 341.489.00 transferencias a entidades deportivas:.....................................................65.000,00 €




Nos consideramos que na actual situación que estamos a vivir, con mais de 1.000 veciños que solicitaron asistencia social no concello, e mais de 1.700 cambadeses en desemprego, o destino destas axudas e totalmente irracional. O grupo local de Anova – I.N. de Cambados non estamos en contra de que se apoien financeiramente as entidades deportivas, pero as prioridades e a falta de orzamento con fins sociais indica claramente a falla de sensibilidade polos mais débiles, amosado polo governo do partido popular é definitivo, esperando da cidadanía que rexeite este comportamento de falta de sensibilidade, o mesmo tempo que fagan a comparanza destes datos, reveladores dunha mala governanza do Concello de Cambados. ¿ Pode alguén entender que as becas de estudo se convoquen a finais do curso?, ¿ Pode alguén entender que o diñeiro para becas sexa tan escaso, coa necesidade das familias de Cambados?.


En ANOVA- Irmandade nacionalista de Cambados, animamos os cambadeses, as entidades sen fins de lucro, e ata os clubes deportivos tamén, a manifestar o seu malestar pola falla de sensibilidade do Concello de Cambados cos mais desfavorecidos, e que nestes tempos se faga un suplemento de crédito eliminando “horas extras” e outras prebendas nas retribucións dos membros da corporación no Concello de Cambados. Mais sensibilidade e menos hipocresía, todos debemos mirar o noso arredor, os recursos públicos son de todos, saen do bolso de todos e polo tanto non poden ser estragados coa mentalidade dos novos ricos, senón que teñen que administrarse a favor dos que mais o precisan e nestes tempos con mais sensibilidade e menos folkclore, Luis baixate da moto e non estes solo para sair na foto, que non todolos veciños teñen o teu salario.














No hay comentarios:

Publicar un comentario