29 jul 2013

O Concello volve a adxudicar irregularmente a Carpa Gastronómica da Festa do Albariño

Dende o Grupo Local de ANOVA – Irmandade Nacionalista de Cambados xa manifestamos publicamente que non estamos de acordo coa adxudicación publica do concurso para a explotación da Carpa Gastronómica, no lateral do paseo da calzada durante a LXI FESTA DO ALBARIÑO 2.013, e tamén manifestamos as continuas irregularidades que se estaban a cometer neste tipo de contratacións no Concello de Cambados denunciadas en reiteradas ocasións pola Interventora Municipal.

O tempo danos a razón sen dubida, e o Concello de Cambados continua a contratar e adxudicar irregularmente en beneficio sempre das mesmas empresas, e para mostra esta forma de actuar, na contratación desta Carpa Gastronómica unha vez que quedou deserto o concurso publico.

Como se pode comprobar na imaxe adxunta, extraida da Conta de Resultados do Exercicio 2012 do Concello de Cambados, e na que a Interventora Municipal, xa manifestaba as irregularidades cometidas polo Goberno do PP no Concello de Cambados a hora de adxudicar este servizo o ano pasado; o tratarse dunha aceptación tácita do Concello de Cambados, sendo contraria a normativa vixente, ademais de que a oferta realizada por Porto de Cambados, S.L., non respetou as condicións que se tiveron en conta para licitar a mencionada autorización, o cal vulnera os principios de  publicidade e concorrencia, establecidos na Lei de Contratos do Sector Publico, e que este ano se volve a repetir polo que se pode observar na información que fixo publica o Faro de Vigo, e que pódese ver no seguinte enlace.


Tratase polo tanto de favorecer a mesma empresa ano tras ano, a conta dos ingresos dos hostaleiros de Cambados, como xa vimos denunciando varias veces neste blog, e o que é mais sangrante, adxudicado irregularmente e non cumprindo a lexislación vixente en materia de contratación publica.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario